Sentía como un niño de vésporas no corazón

Calan os montes,
bailantes de verde
tan lonxe dos meus pes
como da túa espalda

Cala un tren,
en Hansaplatz
nunha tarde de choiva
tranquila

Calan uns nenos na rúa,
fillos de mulleres
e borrachos

Calan uns cans,
solitarios paseantes
de mirada alegre
e distraída

Cala un músico nun parque,
transeúnte
nunha cidade
chea de músicos
e parques

Calan unhas mans,
na ladeira do corazón
que bate
baixo o meu peito

Calan unhas pernas,
camiñantes nos meus soños
que corren para despertar
no lugar onde están esas mans

Cala miña mente,
ventá ó paraíso
que so eu sei
calar

Chega un tren,
e eu calo
como calan os montes
bailantes ó lonxe

Marina Seijas

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s