El olloume fixamente, cunha ollada de uranio

Queríamos nadar
e fomos nadando
ata onde xa non tocábamos
cos pés no chan.

Camiñamos polos montes
co sol
pegándonos na espalda,
porque nós
so queríamos disfrutar
dos poucos días de calor,
xuntiños.

Foi ese verán
dun ano impar,
cando eu voltei a Galicia
e ti,
aínda me esperabas,
como quen espera o seu erro preferido.

Sentámonos debaixo da figueira,
que sempre fora
a túa árbore favorita.
“Xa non temos tempo” dixeches
mentras eu miraba o ceo,
“ti sempre estás a marchar”.

Calei
e mirei meu reflexo
nos teus ollos.
Eu sorría.
Ti non entendías
que o tempo é só
de quen o sabe apreciar,
e nós sabíamos aprecialo,
xuntiños.

Foi ese outono,
dun ano aínda impar,
cando eu marchei de novo.
E foi ese inverno,
dun ano que agora xa era par,
cando ti deixaches de esperar,
como quen deixa de disfrutar do seu erro preferido.

 

Marina Seijas

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s